¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Joshua Kenneth nace no ano 1995 na cidade da Coruña. O interese pola maxia deste rapaz inglés-coruñés, comenza no 2006 vendo ao lexendario Mago Antón. Dende ese momento queda fascinado por este mundo e comenza unha aprendizaxe inicialmente autodidata e posteriormente académica; estudando na 1ª promoción da única universidade de ilusionismo do mundo, en San Lorenzo del Escorial, onde establece contactos con magos nacionais e internacionais. Leva a súa maxia a todo tipo de eventos públicos e privados, facendo aparicións na televisión galega e nacional e aportando a súa visión da vida a través da arte do imposible.

En 2023, Joshua Kennet gañou o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano, e desde 1979, se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español. O Círculo Mágico de Madrid, máis coñecido como a Sociedad Española de Ilusionismo de Madrid, ten premiado con este galardón a magos como Jorge Blass, Anthony Blake ou Pepe Carrol. Joshua Kennet gañou o premio cun número de pompas de xabón que se converten en moedas e que forma parte do espectáculo 'Degustación de imposibles'.

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar